PONTEVEDRA, 24 (EUROPA PRESS)
O 112 Galicia activou na tarde deste domingo un operativo para localizar a catro menores aos que se lles perdeu a pista mentres navegaban en canoa na Praia de Areacova, en Cangas.
En concreto, o número único de emerxencias recibiu unha chamada sobre as 17,30 horas para avisar de que se lles perdera a pista ao catro menores, que viaxaban en dúas piraguas desde a Praia de Areacova até a de Menduiña.
Con estes datos, púxose en marcha un operativo formado por Salvamento Marítimo e Gardacostas. Con todo, cando a Pesca 1 ía de camiño, a Policía Local e os socorristas da praia avisaron de que os menores estaban fóra da auga e en bo estado.
Foi un iate particular o que localizou e evacuou a unha das piraguas, remolcándoa até o areal. O resto, foi evacuado desde unhas rocas a bordo dunha embarcación de Salvamento Marítimo.
- Te recomendamos -