Inicio Actualidad Webinar recuperación do sector turístico Fondos Next Generation

Webinar recuperación do sector turístico Fondos Next Generation

Persoas expertas de primeiro nivel informarán ás empresas e a representantes do sector público da oportunidade que supoñen os Next Generation


A Deputación de Pontevedra celebra o 8 de setembro unha importante webinar con expertos e expertas de primeiro nivel para informar a todo o sector turístico da provincia dos proxectos de financiación dos fondos europeos Next Generation que se van dedicar ao turismo. Para asistir á xornada informativa “Plan de Recuperación do Sector Turístico: Oportunidades para o sector público e o sector privado”, que se desenvolverá de maneira telemática, hai que inscribirse  a través da web de Turismo Rías Baixas (www.turismoriasbaixas.com). As persoas interesadas teñen o formulario aquí.

A presidenta provincial Carmela Silva anuncio este encontró a mediados de agosto co obxectivo de “facer chegar toda esa información para que as empresas teñan as claves moi claras e facer que esa inxente financiación do Plan de Recuperación poida chegar ao sector privado da provincia”.

Con esta webinar, destacou a presidenta, as firmas do sector poderán coñecer “cales son as liñas, que é o que vai a ser subvencionable, cales van a ser as datas de presentación e que proxectos se poden presentan para acadar a estes recursos”.

MÁS:  Puentes y fiestas en Rías Baixas 2024: Se acaba de publicar el calendario laboral

Cartaz de luxo

Este encontro dixital contará coa participación de Enrique Martínez, presidente de Segittur, para falar sobre as axudas enmarcadas no Plan de Recuperación, e Galo Gutiérrez, director xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que dará a coñecer os retos e oportunidades para as PEMES na recuperación.

Xunto a eles tomarán a palabra John Mora, vicepresidente da comisión de Smart Cities e Turismo Intelixente de AMETIC, que falará da necesidade de transformación do sector; Luis Prieto, director de Economía Dixital de Red.es, que abordará o necesario impulso ás pemes; e Ana Jar Rodríguez, subdirectora adxunta de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística do Ministerio de Industria e Turismo, que falará de sostibilidade.


- Te recomendamos -

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor escriba su comentario!
Por favor escriba su nombre aquí