Inicio Actualidad O Concello comeza a tramitación para o mantemento dos aparcadoiros disuasorios de...

O Concello comeza a tramitación para o mantemento dos aparcadoiros disuasorios de Mollavao e o Pavillón

O Concello de Pontevedra vén de iniciar a tramitación para o acondicionamento dos aparcadoiros disuasorios de Mollavao e do Pavillón de Deportes. Trátase dunha acción de mantemento co fin de adecentar o piso actual da parcela e das explanadas.

Na práctica, trátanse de dúas actuacións diferentes, que sumarán un investimento total de 95.477,69 euros. O acondicionamento dos aparcadoiros do Pavillón ten un orzamento de 47.626,06 euros e o de Mollavao de 47.851,63 euros.

As actuacións comezarán tan pronto sexa completada a tramitación nas oficinas do Concello, ao contar xa cos permisos esixidos por Costas para estas obras de mantemento, que inclúen un acondicionamento das explanadas, ademais de tarefas de desbroce e limpeza.

MÁS:  A mudanza en feminino do rueiro da cidade chega a Tik Tok grazas ao programa ‘A memoria das mulleres’

- Te recomendamos -

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor escriba su comentario!
Por favor escriba su nombre aquí