Inicio Actualidad O Concello comeza a tramitación para o mantemento dos aparcadoiros disuasorios de...

O Concello comeza a tramitación para o mantemento dos aparcadoiros disuasorios de Mollavao e o Pavillón

O Concello de Pontevedra vén de iniciar a tramitación para o acondicionamento dos aparcadoiros disuasorios de Mollavao e do Pavillón de Deportes. Trátase dunha acción de mantemento co fin de adecentar o piso actual da parcela e das explanadas.

Na práctica, trátanse de dúas actuacións diferentes, que sumarán un investimento total de 95.477,69 euros. O acondicionamento dos aparcadoiros do Pavillón ten un orzamento de 47.626,06 euros e o de Mollavao de 47.851,63 euros.

As actuacións comezarán tan pronto sexa completada a tramitación nas oficinas do Concello, ao contar xa cos permisos esixidos por Costas para estas obras de mantemento, que inclúen un acondicionamento das explanadas, ademais de tarefas de desbroce e limpeza.

Artículo anteriorO alcalde fai un chamamento para que Ence e Partido Popular lle pidan desculpas á sociedade pontevedresa e rematen coa violencia
Artículo siguienteNoticia Webinar recuperación do sector turístico Fondos Next Generation
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor escriba su comentario!
Por favor escriba su nombre aquí