Inicio Actualidad Comezan as festas da Peregrina cunha programación cultural de primeiro nivel

Comezan as festas da Peregrina cunha programación cultural de primeiro nivel

Carlota Crey, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, e Bala serán as tres primeiras actuacións do programa das festas

O pregón a cargo de Violeta Mosquera celebrarase no palco de música da alameda, ás 12 horas

A Semana da Peregrina xa está aquí. A programación de verán ofrecida polo Concello de Pontevedra comeza un novo capítulo coas Festas da Peregrina 2021, que supoñerán un empurrón cultural e de ocio na Boa Vila ao longo de dez días.

Consulta o Programa das Festas da Peregrina

Con catro escenarios principais para desenvolver actividade —A praza Ferraría, a praza de España, as pistas de Campolongo e a Alameda—, Pontevedra vivirá máis dunha semana rodeada de espectáculos de primeiro nivel, tanto locais como estatais, con propostas variadas na súa forma e no seu xénero, accesibles e chamativas para toda a veciñanza.

A pregoeira das festas, Violeta Mosquera, ofrecerá o tradicional discurso de inicio das Festas no Pablo da música da alameda ás 12 horas, acompañada do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Festas, Carme da Silva.

MÁS:  Tres personas, intoxicadas en Vigo por inhalación de gas debido al defectuoso funcionamiento de una estufa

A continuación, comezarán os pasarrúas que, ao longo do día, animarán a cidade decotío segundo avancen os días. Así, o primeiro día da programación especial da Peregrina contará con tres actuacións de primeiro nivel. 

  • Carlota Crey (21h, Praza da Ferraría) – Carlota é unha moza pontevedresa con enorme talento para a música e a súa creación. Pianista, cantante e compositora, foi medrando a nivel artístico nos últimos anos, amosando o seu traballo no YouTube e tentando facerse un oco dentro da industria musical. O concerto que ofrecerá na Ferraría é un concerto especial por partida dobre: será o primeiro dentro da programación especial e será o primeiro no que a moza pontevedresa teña un banda de apoio con ela sobre o escenario.
  • Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre (22h, Praza de España) – Convertido nun dos espectáculos máis aplaudidos e potentes da nosa terra, a unión de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre e xa unha marca de seu, que chama e pide ser gozada en plenitude. Logo do recoñecemento de público e crítica que lle brindou The Tambourine Man (2015), o artista coruñés continuou da man das Adufeiras en Noró (2018) e, apenas hai un ano, As Catedrais Silenciadas (2020). De novo, volven a Pontevedra cunha proposta emocionante, elevadora da música tradicional.
  • Bala (22.30h, Pistas de Campolongo) – O dúo formado por Violeta e Anxela é xa un furacán musical que arrasa por onde pasa, deixando ao seu paso non destrución, senón unha incríbel admiración e interese de todo aquel que o ve. Referencias internacionais logo de xirar por Europa, Xapón, ou mesmo aparecer nun anuncio promocional na mesma Times Square de Nova Iorque a través de Spotify, Bala son unha vibrante proposta musical, de alto volume e tempo veloz. 
MÁS:  O Concello comeza a tramitación para o mantemento dos aparcadoiros disuasorios de Mollavao e o Pavillón

O acceso a todos os espectáculos programados nas festas será de balde e realizarase seguindo a normativa sanitaria actual. Isto é:

  • Os asistentes deberán permanecer sentados no sitio escollido en todo momento
  • Do mesmo xeito, non poderán quitar a máscara e deberán manter a distancia seguridade que con antelación xa foi medida polos responsábeis do recinto habilitado
  • O aforo é limitado
  • Non é preciso presentar unha proba PCR ou de antíxenos na entrada
  • A entrada realizarase por estrito orde de chegada, sen reservas ou tickets de ningunha clase
  • Non estará permitido acceder con bebida ou comida
  • Non se poderá fumar dentro da zona acoutada para o público


- Te recomendamos -

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor escriba su comentario!
Por favor escriba su nombre aquí