Inicio Actualidad A aposta polas novas tecnoloxías, unha constante nos obradoiros de Ponteverán

A aposta polas novas tecnoloxías, unha constante nos obradoiros de Ponteverán

Impresión 3D, Programación de aplicacións móbiles, Holografía e Realidade Virtual, Robótica e Programación de videoxogos, foron as ofertas deste ano dentro deste eido

Os obradoiros tecnolóxicos son unha das actividades do verán máis reclamados polas crianzas, esgotando as súas prazas cada ano

O Concelleiro de Xuventude e Novas tecnoloxías, Alberto Oubiña, visitou esta mañá o obradoiro de Iniciación á Robótica que se está celebrar na Casa da Luz de Pontevedra. Trátase do cuarto obradoiro en relación directa coa tecnoloxía, o seu uso e a súa aprendizaxe, que se realiza este verán.

Dentro do programa de actividades Ponteverán, os obradoiros tecnolóxicos son uns dos máis exitosos e para os que máis lista de espera se crea. Neste 2021, todos eles esgotaron prazas e todos eles foron gozando dun éxito evidente entre as crianzas. Quedan feitos os de Impresión 3D, Programación de aplicacións para móbiles, Holografía e Realidade Virtual (VR). Estes días está celebrándose o de Iniciación á Robótica e a semana que vén comezará o de Programación de Videoxogos.

En total, 70 crianzas de entre 8 e 16 anos foron gozando destes obradoiros, que propoñen unha aprendizaxe dinámica e lúdica das novas tecnoloxías, que como sinalou o concelleiro Alberto Oubiña «xa non son novas, senón que son as que están no noso día a día».

«Desde o Concello levamos xa varios anos apostando  pos estas actividades no programa Ponteverán dedicadas ao que se viñan chamando novas tecnoloxías, que son cousas tan sinxelas como os chips dos nosos teléfonos ou os nosos reloxos», explicou Oubiña. «É un mundo moi interesante, e así o demostra a enorme cantidade de xente nova que quere participar nestes campamentos urbanos. É unha experiencia moi satisfactoria, máis alá da educación formal, senón tamén  tendo en contra do puro entretemento  que supón poder pasar estas mañás do mes de xullo e agosto fedellando e trebellando nestas tecnoloxías».

Artículo anteriorA mudanza en feminino do rueiro da cidade chega a Tik Tok grazas ao programa ‘A memoria das mulleres’
Artículo siguienteComezan as festas da Peregrina cunha programación cultural de primeiro nivel
Equipo de la redacción central de EditorialOn. Somos muchos, de sitios muy distintos.